II ENCONTRO DE DESEÑO PARA A INNOVACIÓN EMPRESARIAL. FERROL, 28 DE XUÑO

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), celebra o II Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial que se desenvolverá o vindeiro venres 28 de xuño a partir das 10 h, no CIS Galicia (A Cabana s/n) en Ferrol.

O evento ten como obxectivo abrir novas canles de contacto entre os profesionais do deseño e as empresas galegas, con especial atención nesta edición ao deseño estratéxico para a innovación centrada nas persoas.

Durante a xornada farase balance do primeiro ano de traxectoria do Programa de Deseño para a Innovación 2020 e presentaranse as novas accións que a Xunta de Galicia está a promover para impulsar o deseño galego como ferramenta competitiva nas empresas, especialmente nas pemes.

Programa

Inscrición

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.