XORNADA TÉCNICA CAPACITA DIRECTIVOS: A SOCIEDADE SUPERINTELIXENTE. CO-CREANDO O FUTURO

No marco do proxecto Capacita Directivos, a Xunta de Galicia, a través do Igape, o Círculo Financeiro de Galicia e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organizan a xornada técnica A sociedade superintelixente: co-creando o futuro, que se desenvolverá o vindeiro 25 de setembro a partir das 9 h en Santiago de Compostela, na sede do Club Financeiro de Santiago (rúa Letonia 2, polígono Costa Vella).

O encontro está dirixido a empresarios e directivos das pemes galegas, representantes de asociacións empresariais sectoriais e clústeres, así como das universidades, laboratorios tecnolóxicos e centros de investigación e desenvolvemento.

Os asistentes poderán coñecer en dous relatorios cales son as prespectivas para o futuro próximo con respecto ás innovacións tecnolóxicas e a sociedade, así como as dimensións éticas e humana na era dixital. Ademais, ofrecerase información sobre as políticas desenvoltas pola Xunta en relación coa Industria 4.0. Por último, terá lugar unha mesa redonda onde se debaterá sobre a converxencia das tecnoloxías no impulso dunha nova era de innovación industrial e social.

Información e inscricións (aforo limitado)

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.