No marco do proxecto Capacita Directivos, a Xunta, a través do Igape, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e o Círculo Financeiro de Galicia organizan en varios puntos de Galicia o ciclo de xornadas profesionais Industria e Empresa 4.0: as claves da empresa intelixente co obxectivo de debater, compartir experiencias entre distintos axentes económicos e promover a colaboración para afondar na Industria 4.0.
Os encontros están dirixidos a empresarios e directivos das pemes galegas, representantes de asociacións empresariais e clústeres, así como a representantes das universidades, laboratorios tecnolóxicos e centros de investigación e desenvolvemento.
As próximas xornadas terán lugar en:
Boiro: xoves 14 novembro, 9.30 h, Asociación Boirense de Empresarios (avenida da Constitución, 85). Máis información e inscricións
Vilagarcía de Arousa: martes 19 novembro, 9.30 h, Cámara de Comercio (avenida Doutor Tourón, 46). Máis información e inscricións