CONECTA A TÚA COMPAÑÍA: NETWORKING EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 DE DECEMBRO

A Xunta, a través do Igape, e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), coa colaboración de Vodafone, organizan o vindeiro mércores 4 de decembro en Santiago de Compostela, no Hotel A Quinta da Auga (paseo de Amaia, 23), o networking Conecta a túa compañía. 

Con relatorios de expertos, a xornada dará a oportunidade de debater sobre os retos e oportunidades que a innovación no ámbito da dixitalización ofrece ás empresas e de coñecer de primeira man o caso de éxito de Google Cloud. Ademais, presentaranse as principais conclusións do terceiro Estudo de Dixitalización das empresas e administracións públicas en Galicia.

Máis información e inscricións

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.