CENTROS DE FABRICACIÓN AVANZADA: ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS DO PROGRAMA

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e ao abeiro da Axenda Industria 4.0 e a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, pon en marcha o programa Centros de Fabricación Avanzada, unha nova liña dirixida a apoiar ás empresas galegas na creación de espazos industriais de uso aberto e compartido que contribúan a modernizar o tecido produtivo da Comunidade. As empresas interesadas poden solicitar a axuda ata o 9 de marzo.

Poderanse xerar, entre outras infraestruturas, centros de ensamblaxe, loxística e recursos tecnolóxicos, espazos maker de fabricación compartida ou o acondicionamento especializado de solo industrial.

Os apoios poderán cubrir ata o 80% do investimento realizado nas infraestruturas que se creen, que se poñerán a disposición dos usuarios interesados de forma aberta, cun prezo de uso ou venda equivalente ao do mercado e cunha estrutura de servizos tarificables en función do uso ou consumo que se realice.

MAS INFORMACION

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.