REAL DECRETO LEI 9/2020: ACTUALIZACIÓN DAS GUÍAS E RESPOSTAS A PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE A TRAMITACIÓN DE ERTE MOTIVADOS POLO COVID-19

Segundo o Real Decreto Lei 9/2020, aprobado o pasado sábado 28 de marzo, a Xunta de Galicia actualiza as dúas infografías sobre a tramitación de expedientes de regulación de emprego (ERTE) por forza maior ou por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivados polo COVID-19, así como a guía de respostas ás preguntas máis frecuentes sobre esta materia, postas á disposición das empresas, autónomos e traballadores.

actualización ERTE por forza maior motivado polo COVID-19: tramitación

actualización ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivado polo COVID-19: tramitación

actualización Preguntas e repostas sobre a tramitación de ERTE motivados polo COVID-19

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE ERTE:
ERTE presentados antes da entrada en vigor do Real Decreto aprobado o pasado sábado: as empresas contan cun prazo de 5 días e, polo tanto, finaliza esta semana.
ERTE que se presenten a partir do Real Decreto aprobado o pasado sábado: as empresas deberán comunicalo no prazo de 5 días desde que presenten a súa solicitude de ERTE.

Lembramos que a Xunta ten habilitado un teléfono gratuíto para atender consultas sobre a tramitación dos ERTE: 900 815 600

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.