NOVA LIÑA DE AXUDAS PARA ADAPTAR A PRODUCIÓN DAS PEMES GALEGAS Á FABRICACIÓN DE MATERIAL SANITARIO E DE PROTECCIÓN

Co obxectivo de que as empresas galegas poidan reorganizar a súa produción cara a fabricación urxente de material sanitario e de protección, a Xunta vén de aprobar unha liña de axudas dotada con 2,5 millóns de euros e cofinanciada a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. O programa impulsará a reorganización produtiva para facer fronte á emerxencia sanitaria.

As axudas, de ata 100.000 € en concorrencia non competitiva, cubrirán o 75% dos investimentos e gastos que realicen as pemes para adaptar a súa produción á fabricación dos seguintes materiais: téxtiles sanitarios, equipos de protección individual (máscaras, cortinas, traxes, gorros, luvas e pantallas de protección persoal), kits e consumibles de diagnose, alcoles e desinfectantes sanitarios, dispositivos de intervención ou tratamento, ventiladores e as súas compoñentes, elementos para a desinfección e outros equipamentos necesarios para a prevención e loita contra o Covid-19 ou o tratamento da enfermidade.

Os proxectos que opten aos apoios terán que ser validados polo Comité de fabricación de equipamento sanitario, posto en marcha pola Xunta para coordinar a fabricación en Galicia de equipos de protección individual (EPI) e outros produtos necesarios co obxectivo de contribuír a paliar a insuficiencia de medios de seguridade.

Máis información: liña de axudas para a fabricación de material sanitario e de protección

informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 – 981 54 11 47

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.