ESTUDO SOBRE A XESTIÓN DE RISCOS NO SECTOR EMPRESARIAL GALEGO: ENQUISA

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Fundación Inade, coa colaboración da Xunta, a través do Igape e ao abeiro do convenio marco coa USC, están a realizar un estudo sobre a xestión dos riscos no sector empresarial galego.

Este traballo dá continuidade ao feito en 2015 e pretende ser unha ferramenta útil para avaliar a situación xeral, os riscos aos que se expoñen en maior medida as empresas e a capacidade do sector empresarial para afrontalos. Trátase dun estudo moi necesario nun momento no que as empresas sofren o impacto dunha pandemia e están expostas aos riscos emerxentes que xorden do cambio climático, da automatización e da dixitalización.

Os resultados que ofreza a enquisa permitirá ás propias empresas e demais axentes económicos deseñar estratexias e políticas que permitan sacar proveito dos riscos ou moderar o seu impacto, tendo en conta que a súa xestión é un factor determinante da solvencia e da competitividade do tecido empresarial galego.

A información será tratada con confidencialidade e o traballo final só recollerá información agregada das empresas participantes no estudo.

Enlace para cubrir a enquisa: https://form.jotformeu.com/91707238329361

En caso de requirir axuda, dirixirse a: cergi@usc.es ou 655 055 871

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.