GALICIA EXPORTA DIXITAL. LUNS, 29 DE XUÑO: ENCONTRO ON LINE

A Xunta vén de activar a última convocatoria do programa Galicia Exporta Dixital, que ten como obxectivo promover a expansión internacional dos tecidos produtivo e comercial galegos a través de novas canles de comercialización partindo de ferramentas dixitais innovadoras.

Para ofrecer información sobre esta liña de axudas, o vindeiro luns 29 de xuño, ás 12 horas terá lugar un encontro dixital no que Dori López, CEO de Innova Digital Export, afondará tamén nas claves para implementar plans de internacionalización e exporá casos de éxito neste eido. Ademais, Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, explicará as medidas activadas pola Xunta para apoiar a expansión no exterior das pemes galegas.

Ao final das intervencións os participantes terán a ocasión de intervir nun espazo de debate.

Programa e inscricións

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.