NOVA CONVOCATORIA DAS AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A Xunta activa a nova convocatoria das axudas á dixitalización. A partir de hoxe (08/07/2020), as pemes interesadas poden solicitar os apoios do programa que ten como obxectivo facilitar a modernización e mellora da competitividade das empresas través da interconexión dixital entre compañías vinculadas pola súa actividade e a dixitalización de procesos produtivos, ao tempo que se promove a xeración de iniciativas de colaboración neste eido.

Esta liña complementa ás axudas activadas tamén pola Xunta a través do Cheque de dixitalización, un novo programa cofinanciado así mesmo polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dirixido a impulsar os procesos de dixitalización máis axeitados que permitan ao comercio, autónomos e ás pequenas e medianas empresas reforzar a súa actividade, e que ten en conta de maneira especial as necesidades do tecido empresarial situado no ámbito rural, a economía social e o impulso do traballo a distancia.

Pola súa banda, as axudas á dixitalización das que se publicou onte a nova convocatoria, impulsan proxectos colectivos e individuais e inclúen unha subliña que promove a realización de cursos, que incentivan a creación de espazos de colaboración entre compañías para explorar solucións tecnolóxicas e a implementación de ferramentas dixitais colaborativas, así como oportunidades de hibridación entre sectores produtivos. Estes espazos están financiados ao 100%.

Máis información:
Axudas á dixitalización
Obradoiros de dixitalización

informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 – 981 54 11 47

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.