I XORNADAS DIXITAIS SOBRE TECNOLOXÍAS E SOLUCIÓNS PARA A AUTOMATIZACIÓN DIXITAL: DIGITAL JAI’2020

I XORNADAS DIXITAIS SOBRE TECNOLOXÍAS E SOLUCIÓNS PARA A AUTOMATIZACIÓN DIXITAL: DIGITAL JAI’2020

A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo organiza a primeira edición das Xornadas dixitais sobre tecnoloxías e solucións para a automatización (Digital JAI’2020), que se celebrarán do 26 ao 30 de outubro, e que contan coa colaboración da Xunta, entre outras institucións públicas e privadas.

O programa das Digital JAI’2020 está orientado á difusión formativa e informativa das máis innovadoras e avanzadas tecnoloxías de automatización industrial, co obxectivo de facilitar ás plantas industriais poder afrontar con éxito os retos da crecente globalización e competitividade nos procesos produtivos do seu negocio.

As xornadas están abertas a participantes de España e Iberoamérica e celebraranse de forma virtual no Remote Congress de TELTEK.

Máis información, programa e inscricións

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.