WEBINARIOS TECNOLOXÍAS 4.0: APLICACIÓNS PUNTEIRAS EN SECTORES ESTRATÉXICOS

A Xunta e Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) organizan un ciclo de encontros dixitais sobre tecnoloxías 4.0, en concreto sobre 5G, automatización e robótica colaborativaintelixencia artificialxestión da enerxía e economía circularinteracción home-máquina (HMI) e fabricación aditiva (FA).

O obxectivo dos webinarios é achegar ás empresas información sobre cada unha das tecnoloxías e, sobre todo, mostrar as súas aplicacións. Para iso, expertos dos centros tecnolóxicos e de empresas galegas compartirán tanto aplicacións punteiras xa existentes a nivel mundial como as potenciais a medida de cada sector.

O ciclo inclúe seis encontros semanais e comezará o venres 23 de outubro co dedicado á tecnoloxía 5G. Emitiranse en directo por streaming e as persoas asistentes poderán expor dúbidas ou cuestións aos expertos.

Forma parte das iniciativas contempladas no convenio de colaboración Oportunidades 4.0 en Galicia que desenvolven o Igape, Atiga e seis dos seus centros tecnolóxicos.

Inscricións para o primeiro webinario

Máis información sobre os estudos Oportunidades Industria 4.0 en Galicia

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.