XORNADA CAPACITA DIRECTIVOS. ANTICIPANDO DAVOS: O GRAN REINICIO PARA A EMPRESA

No marco do proxecto Capacita Directivos, a Xunta -a través do Igape- e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organizan a xornada Anticipando Davos: o Gran Reinicio para a empresa, que se desenvolverá o vindeiro venres 20 de novembro, a partir das 9.30 horas en formato dixital.

O obxectivo do encontro é que empresas e directivos non permanezan alleos á axenda que se abordará na próxima edición do Foro de Davos, que terá lugar en Lucerna a finais do mes de maio, e que decidirá boa parte da folla de ruta das organizacións empresariais.

Como anunciou o Foro Económico Mundial, organizador do encontro anual de Davos, a próxima edición terá como lema o Gran Reinicio co espírito de “construir de forma conxunta e urxente as bases do noso sistema económico e social para lograr un futuro máis xusto, sostible e resiliente”, e superar a aguda crise sanitaria e económica que vive o planeta.

Na xornada intervirán Cristina Manzano, directora de ESGLOBAL, José Manuel González-Páramo, ex-conselleiro executivo do BCE, Alejandro Martínez-Peón, conselleiro delegado de Prisa Noticias, e Luis Martín, presidente de Barrabés Biz.

Máis información e inscricións

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.