ENCONTRO DIXITAL INFORMATIVO: AXUDAS COVID E FINANCIAMENTO PARA AUTÓNOMOS E PEMES

O vindeiro xoves 3 de decembro, a partir das 9 h, terá lugar un encontro dixital, organizado por AJE Galicia en colaboración coa Xunta e Abanca e dirixido a autónomos e pemes, no que se informará das axudas activadas pola Consellería de Emprego e Igualdade e polo Igape para impulsar a reactivación das microempresas, autónomos e pemes dos sectores e colectivos especialmente afectados pola covid-19.

No webinario participarán o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, a directora xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o director do Igape, Fernando Guldrís.

Inscrición

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.