CICLO TECNOLOXÍAS 4.0. APLICACIÓNS PUNTEIRAS EN SECTORES ESTRATÉXICOS: ÚLTIMO ENCONTRO DIXITAL

O ciclo de encontros dixitais sobre tecnoloxías 4.0 organizado pola Xunta e a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) chega ao seu fin coa última das xornadas que están a achegar ás empresas información sobre as aplicacións das tecnoloxías emerxentes. Este vindeiro venres 4 de decembro, ás 12 h, terá lugar o encontro dedicado á fabricación aditiva.

Nos webinarios, expertos dos centros tecnolóxicos e de empresas galegas comparten tanto aplicacións punteiras xa existentes a nivel mundial como as potenciais a medida de cada sector. Emítense en directo por streaming e as persoas asistentes poden expor dúbidas ou cuestións. 

Ao longo do ciclo tivemos a oportunidade de afondar nas diferentes tecnoloxías e na súa aplicación práctica nas empresas: 5G, intelixencia artificial, xestión da enerxía e economía circular, automatización e robótica colaborativa ou intereracción home-máquina.

Este ciclo forma parte das iniciativas contempladas no convenio de colaboración Oportunidades 4.0 en Galicia que desenvolven o Igape, Atiga e seis dos seus centros tecnolóxicos.

 
Máis información e inscrición

Máis información sobre os estudos Oportunidades Industria 4.0 en Galicia

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.