IV edición dos Premios PEL

A Deputación da Coruña ven de convocar a cuarta edición dos Premio PEL (PEL-EPR PREMIO), un galardón incluído entre as accións de incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego Local (PEL).

Dentro das cinco categorías que conforman estes premios inclúese unha categoría destinada ás asociacións, agrupacións e federacións de empresarios/as da provincia da Coruña. Con este galardón de 15.000 euros preténdese recoñecer e promocionar o traballo realizado polas asociacións empresariais que impulsan a iniciativa empresarial e o emprendemento, promoven a xeración de emprego de calidade e, en definitiva, contribúen á fixación da poboación.

A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da memoria de candidatura e dos estatutos da asociación a través da plataforma Subtel.

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 8 de xaneiro de 2021 ás 14.00 horas.

Pode consultar as bases e a convocatoria publicadas no BOP tanto en Subtel como na páxina web dos Premios PEL: https://emprego.dacoruna.gal/lineas/lina-2-pel-emprende/premio-provincial-mellor-iniciativa-empresarial/

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.