PROGRAMA CHEQUE BREXIT: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 17 DE MAIO

PROGRAMA CHEQUE BREXIT: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 17 DE MAIO

As empresas interesadas nos apoios que ofrece o programa Cheque Brexit poden solicitar as súas axudas ata o 17 de maio. Como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), esta liña, activada pola Xunta a través do Igape, ten como obxectivo reforzar a posición das empresas galegas que manteñen ou van establecer relacións comerciais do Reino Unido, unha vez que a súa saída da Unión Europea é efectiva.

Así, o programa facilita que as compañías galegas poidan dispor de servizos de consultoría para a elaboración de diagnósticos empresariais e plans de continxencia que permitan minorar os efectos negativos que poida supor o cambio nas relacións comerciais co Reino Unido.
 
Os apoios poderán cubrir ata o 80% do gasto de consultoría que realice cada empresa e poden ser beneficiarias aquelas para as que o país británico fose un dos seus cinco principais mercados de exportación ou importación na Unión Europea, as que as exportacións a este país lles supoñan un mínimo do 10% da súas vendas intracomunitarias ou as que teñan exportado a ese destino máis de 100.000 euros nos tres últimos anos.
 

Máis información

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.