COMO COÑECER O NIVEL DE COMPETITIVIDADE DA MIÑA EMPRESA? IGAPE

 COMO COÑECER O NIVEL DE COMPETITIVIDADE DA MIÑA EMPRESA?

Ser capaz de permanecer no mercado vendendo produtos ou ofrecendo servizos. Este é o reto que ten por diante o tecido empresarial. Para iso, é importante contar cunha ventaxa competitiva, é dicir, un maior rendemento respecto da nosa competencia.

O contexto actual, cambiante e cheo de incertezas, impón novos retos aos negocios. Análise de potencial competitivoun dos servizos incluidos no programa Re-accionaé a ferramenta que che vai axudar a conseguilo. Identificarás os factores que definen a capacidade da túa PEME para competir no mercado, concretamente, analizarás a situación da túa empresa ata en 22 factores de competitividade. Estes factores son os aspectos clave dunha organización! En definitiva, coñecerás o teu nivel actual de competitivide e por outra parte, descubrirás a capacidade de adaptación ós cambios que se produzan, xa sexa no teu sector ou na túa contorna.

Co servizo Análise de potencial competitivo disporás dunha folla de ruta e conseguirás implantar varias accións de mellora. Como? Mediante a aplicación da denominada Metodoloxía da Matriz T-H, que posiciona o grao de desenvolvemento competitivo da PEME en base a dúas variables: tecnoloxías (T) e persoas (H).

Para iso, o servizo inclúe a realización dun cuestionario que recolle a totalidade dos aspectos dunha empresa, agrupados en 22 factores de competitividade. Entre outros aspectos, permite medir o grao de avance na implantación de  normas, procedementos, software… Por outra parte, analiza o nivel de uso do talento nas persoas; dende a súa formación e motivación, ata os propios equipos.

A peculiaridade do servizo Análise de potencial competitivo é que emprega a o software PLAAM, a única plataforma do mercado que conxuga tódalas ferramentas necesarias para a correcta xestión, comunicación e control dunha empresa.

Queres que a túa empresa estea á altura dos teus competidores? Atopa máis información do servizo neste enlace.  

Axiña vas poder solicitar a túa axuda para este servizo. O programa Re-acciona está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.