PROGRAMA INNOVAPEME 2021: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 7 DE XUÑO

PROGRAMA INNOVAPEME 2021: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 7 DE XUÑO

As micro, pequenas e medianas empresas galegas poden solicitar ata o vindeiro 7 de xuño as axudas do programa InnovaPeme 2021, activado pola Xunta para apoiar a posta en marcha de plans integrais que permitan ás empresas mellorar a súa capacidade para implementar proxectos de innovación e achegar ao mercado novos produtos e servizos.

As axudas proporcionan ata o 50% custos relacionados coa posta en marcha do plan de innovación, cubrindo, entre outros: servizos de asesoramento e apoio, adquisición de licenzas de propiedade industrial ou equipamento e material instrumental, incorporación temporal de expertos ou custos derivados da obtención e defensa de patentes.

Máis información e convocatoria

CAPTACIÓN DE CENTROS DE I+D

No marco do proceso de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3 Galicia) para o período 2021-2027 e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) convida ás empresas a manifestar o seu interese en localizar os seus centros de I+D en Galicia cun dobre obxectivo: coñecer potenciais empresas interesadas en establecer os seus centros de I+D en Galicia e as súas propostas de desenvolvemento, e dispor de máis información sobre as necesidades do ecosistema produtivo co fin de definir posibles instrumentos de apoio.

A invitación para presentar as expresións de interese permanecerá aberta ata o 31 de maio.

Máis información e presentación de propostas

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.