XORNADAS PROFESIONAIS DA INDUSTRIA. MAKER FAIRE GALICIA 2021

XORNADAS PROFESIONAIS DA INDUSTRIA. MAKER FAIRE GALICIA 2021

No marco do proxecto Capacita Directivos, a Xunta -a través do Igape-, a Asociación polo progreso da Dirección (APD), o Círculo Financeiro de Galicia e a Maker Faire Galicia, en colaboración co Concello de Santiago e a Fundación Cidade da Cultura, celebran os próximos días 2 e 3 de xuño unhas xornadas profesionais en formato dixital dentro da Maker Faire Galicia 2021.

Dirixidas ao público empresarial, as xornadas ofrecerán a exposición de proxectos innovadores e reunirán a diferentes expertos de empresas consolidadas e startups, universidades e centros de investigación, que debaterán en charlas, mesas redondas e obradoiros diversas temáticas como o financiamento e a aceleración de startups, a dixitalización e os fondos europeos de recuperación Next Generation, o desenvolvemento da biotecnoloxía e o sector enerxético tras a pandemia da covid-19 ou o futuro da industria do entretemento e do ocio interactivo.

A Maker Faire Galicia ten como obxectivo impulsar o desenvolvemento do ecosistema empresarial, promovendo a simbiose entre empresa-startup ou empresa-makers, que teñen cada vez máis protagonismo entre as compañías, que as ven como oportunidades para aprender, innovar, crecer e ser más sustentables.

Máis información e inscricións

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.