PROGRAMA FÓRMATE INTERNACIONALIZACIÓN: NOVO CURSO IGAPE Fórmat-e

PROGRAMA FÓRMATE INTERNACIONALIZACIÓN: NOVO CURSO IGAPE Fórmat-e

No marco do Programa Fórmate Internacionalización, a Xunta, a través do Igape, organiza un novo curso online para impulsar a internacionalización das empresas galegas.

A crise da covid-19 mudou a forma de consumir a nivel mundial. No ultimo ano o comercio electrónico creceu exponencialmente a nivel global. Unha estratexia de  competitividade internacional pasa por adquirir competencias dixitais en comercio online e marketing dixital.

O curso  que comeza o vindeiro 9 de setembro 2021, desenvolverase ata marzo de 2022 a través de sesións semanais eminentemente prácticas de curta duración, cun contido especializado que permitirá coñecer as claves axeitadas para abordar a internacionalización dixital. O itinerario de aprendizaxe personalizado permite a inscrición completa ou a selección daqueles módulos e sesións de máis interese para a empresa participante.

Os obxectivos son coñecer os novos modelos de xestión, as canles e ferramentas utilizadas no ámbito dixital internacional, e permitir as empresas galegas unha mellor toma de decisións coa que adaptar a estratexia internacional á realidade dixital actual.

Máis información e inscricións

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.