GALICIATIC 2021: GALICIA EN CLAVE DIXITAL

GALICIATIC 2021: GALICIA EN CLAVE DIXITAL

GaliciaTIC, o foro tecnolóxico de referencia en Galicia no que se dan cita diferentes profesionais do sector TIC, xunto con actores doutros ámbitos interesados na adopción de tecnoloxía, abrirá as portas da súa 19º edición os vindeiros 6 e 7 de outubro.

Organizado por Ineo (Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia), coa colaboración da Xunta e distintas entidades privadas, o encontro deste ano terá como temática central a dixitalización, fundamental para todos os sectores da economía, nun contexto marcado por novos hábitos dos clientes, novos modelos de negocio e novos competidores.

Esta edición será en formato mixto combinando a posibilidade de asistencia virtual coa física (Ciudade da Cultura, Santiago de Compostela)

Máis información e programa

Inscrición (en tipo de inscrición, seleccionar CONVIDADO PATROCINADOR e introducir o código invitación: GT2021_IGAPE)

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.