4 CONGRESO INTERNACIONAL DE RECURSOS HUMANOS

4 CONGRESO INTERNACIONAL DE RECURSOS HUMANOS

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) coa colaboración da Xunta, a través do Igape, organiza o 4 Congreso Internacional de Recursos Humanos.

O encontro, que se desenvolverá os próximos 6 e 7 de outubro, nun formato mixto -presencial e en liña-, tratará dos novos modelos de negocio e novos modelos de traballo, dunha transformación que só foi posible grazas ás persoas que achegaron o mellor de si mesmas nos momentos de maior complexidade e incerteza

O programa reúne a expertos e profesionais que teñen moito que aportar para construír o futuro e que nos falarán dos grandes retos e tendencias da dirección de recursos humanos, que cada vez ha de xogar un papel máis central na estratexia das nosas compañías.

Os interesados poden inscribirse de xeito gratuito, facendo uso dos códigos de invitación:

Inscrición presencial: I21L0Y41
Inscrición on line: I21MZLQI

Programa e inscricións

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.