GALICIA POTENCIA EN ENERXÍAS RENOVABLES. UNHA APOSTA POLA DESCARBONIZACIÓN, A ECONOMIA CIRCULAR E A TRANSFORMACIÓN ENERXÉTICA

GALICIA, POTENCIA EN ENERXÍAS RENOVABLES. UNHA APOSTA POLA DESCARBONIZACIÓN, A ECONOMIA CIRCULAR E A TRANSFORMACIÓN ENERXÉTICA

No marco do proxecto Capacita Directivos, a Xunta -a través do Igape-, o Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organizan a xornada Galicia, potencia en enerxías renovables. Unha aposta pola descarbonización, a economía circular e a transformación enerxética, que se desenvolverá o vindeiro mércores 27 de outubro, a partir das 9.15 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, en Ourense (Rúa do Progreso, 30).

O encontro contará coa participación de organizacións e empresas do sector, representantes do Clúster das enerxías renovables e tamén teremos a oportunidade de coñecer unha experiencia práctica dun caso innovador.

Esta xornada forma parte do ciclo dedicado á Empresa intelixente. Competitividade e crecemento empresarial en Galicia, que afonda na situación dalgúns dos sectores estratéxicos galegos.

Inscrición presencial

Inscrición on line

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.