PROGRAMA DE IMPULSO Á INNOVACIÓN DAS PEMES DE GALICIA: CAMIÑO DA INNOVACIÓN

PROGRAMA DE IMPULSO Á INNOVACIÓN DAS PEMES DE GALICIA: CAMIÑO DA INNOVACIÓN

No marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, a Xunta a través da Axencia Galega de Innovación, pon en marcha o »Camiño da Innovación». Trátase dun espazo de innovación itinerante que percorrerá 18 concellos das catro provincias galegas durante os meses de novembro e decembro, co obxectivo de prestar asesoramento ás pemes e difundir entre elas a necesidade e a oportunidade de innovar, como factor clave para gañar competitividade e medrar.                                                     

Ademais, en cada unha das localidades, celebraranse encontros con empresarias e empresarios para dar a coñecer casos de éxito de pemes que demostran que se pode innovar en calquera sector e tipo de empresa.

Podes consultar todo o detalle da iniciativa aquí

Solicita o teu asesoramento ou inscríbete nos encontros con pemes neste formulario

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.