XORNADA PARA DIRECTIVOS NO ÁMBITO DA MOBILIDADE AVANZADA E ESTENDIDA

XORNADA PARA DIRECTIVOS NO ÁMBITO DA MOBILIDADE AVANZADA E ESTENDIDA

No marco do proxecto MOBAE, o vindeiro mércores 24 de novembro, a partir das 9:30h, na sede Afundación en Vigo, terá lugar a Xornada para directivos no ámbito da mobilidade avanzada e estendida.

O proxecto MOBAE, no que a Xunta, a través do Igape, é socia xunto coa Universidade Vigo, o CSIC, o CEIIA, CEAGA e a Universidade do Minho, é una iniciativa que xorde para impulsar o alto potencial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal vinculado á mobilidade.

O obxectivo desta xornada formativa é axudar ás empresas para comprender o impacto das competencias emerxentes na cadea de mobilidade avanzada e estendida e facilitar aos seus directivos novas estratexias e ferramentas para adaptarse aos cambios que se están producindo.

A xornada contará coa participación de destacados relatores que analizarán o vehículo conectado, verde e autónomo, así como o impacto global da dixitalización.

Programa

Inscrición

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.