PREMIOS EMPRENDEDOR XXI: ABERTA A CONVOCATORIA ATA O 3 DE DECEMBRO

A Xunta colabora con CaixaBank, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Empresa Nacional de Innovación (ENISA) e o Banco BPI en Portugal na convocatoria da 15ª edición dos Premios EmprendedorXXI. Estes galardóns teñen como obxectivo identificar, recoñecer e apoiar ás novas empresas con maior potencial de crecemento.

Poden presentar as súas candidaturas as empresas de base tecnolóxica e dixital, con alto potencial de crecemento e modelos de negocio escalables e innovadores, cuxo inicio de actividade sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2018. O prazo estará aberto ata o próximo 3 de decembro.

Os premios Emprendedor XXI outorgan 19 galardóns territoriais cunha dotación económica de 6.000 euros e 6 premios ás mellores solucións presentadas para os retos propostos nesta edición, dotados neste caso con 25.000 euros.

Ademais, permiten acceder a programas de acompañamento de alto nivel como o Moonshot Thinking, organizado por ESADE en colaboración con expertos en Silicon Valley, e a programas de mentoría acompañados de expertos de cada sector.

Máis información

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.