SEMINARIO:
ESTÁNDAR TECNOLÓXICO PARA A LOXÍSTICA DA EURORREXIÓN
No marco de Proxecto POCTEP Cologistics, o vindeiro 20 de abril terá lugar o seminario “Estándar Tecnolóxico para a Loxística da Eurrorrexión” no que se presentará tamén a ferramenta dixital de análise das cadeas de valor na Eurorrexión desenvolvida polo Igape dentro deste mesmo proxecto.
O Proxecto CoLogistics ou Proxecto Estrutura de colaboración loxística na Eurorrexión CoLogistics, impulsa a colaboración transfronteiriza no ámbito do transporte e a loxística. O obxectivo xeral é a internacionalización a través do impulso da actividade loxística e a potenciación das súas capacidades organizativas e tecnolóxicas. Os socios do proxecto son a Xunta de Galicia, a través de Igape e a Dirección Xeral de Mobilidade, a Administración do Sistema portuario do Norte de Portugal, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Autoridade Portuaria de Vigo, a Asociación Empresarial de Portugal, e a Cámara Municipal de Famaliçao.
Ademáis, dentro do programa, está a levarse a cabo un estudo de avaliación do desempeño loxístico dos sectores tractores da Eurorrexión que permitirá a Galicia e norte de Portugal compararse internacionalmente con outras rexións ou países. Todas as empresas de loxística ou usuarias da loxística (industriais) que desexen colaborar neste estudo poden facer chegar as súas respostas ao cuestionario pulsando aquí: