Galicia Avanza: Programa de aceleración para a internacionalización de Pemes

GALICIA AVANZA:

Programa de aceleración para a internacionalización de pemes.

Ata o vindeiro 18 de maio permanece aberto o prazo de solicitudes de participación no Programa de Aceleración para a Internacionalización de pemes galegas GALICIA AVANZA.

GALICIA AVANZA é un programa de aceleración especializado na comercialización internacional da innovación que persegue que solucións innovadoras galegas alcancen a presenza e/ou o fortalecemento no mercado exterior no menor tempo posible.

Se tes un produto ou servizo innovador con potencial de desenvolvemento a nivel internacional, durante os 8 meses de duración do Programa:

  1. Titores expertos identificarán as necesidades para a avanzar na súa internacionalización e contrataremos provedores que as cubran: información sobre mercados, estratexia de marketing, marcas e certificacións, adaptación de produto, etc.
  2. Terás acceso a asesores experimentados en diferentes áreas de internacionalización.
  3. Recibirás formación en áreas relacionadas coa internacionalización.

GALICIA AVANZA é un Programa promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e co Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. (Tecnópole).

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.