PROGRAMA RESPONSABILÍZATE: asesoramento gratuíto
Igualdade e responsabilidade social empresaral
A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa Responsabilízate para axudar ás pemes galegas a ser máis sostibles e impulsar a súa competitividade. A iniciativa ofrece de xeito gratuíto unha diagnose e actividades formativas e de asesoramento personalizadas por parte de expertos
A iniciativa ofrece asesoramento gratuíto para apoiar ás pemes a incorporar criterios sostibles na súa xestión a través da aplicación de valores ambientais, sociais e de gobernanza, entre outros, así como no desenvolvemento da Responsabilidade Social Empresarial (RSE). A actuación, ademais, inclúe o acompañamento na aplicación de medidas que fomenten a igualdade de oportunidades.
As inscricións ao programa Responsabilízate poderanse facer a través da sede electrónica da Xunta, na seguinte ligazón:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR320B.
A inscrición permanecerá aberta ata completar o número de prazas máximo. Os interesados poden ampliar a información a través da oficina técnica do programa no correo electrónico: