ENCONTRO EMPRESARIAL:
10 Temas estratéxicos para o futuro de Galicia
O vindeiro mércores 25 de maio, ás 9:30 h, na sede do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo, terá lugar o primeiro dos encontros no marco do programa Capacita Directivos 2022.
A Xunta de Galicia, a través do Igape, o Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación paro o Progreso da Dirección (APD), colaboran no programa Capacita Directivos 2022: Empresa intelixente, competitividade e crecemento empresarial de Galicia, co obxectivo de axudar a consolidar unha industria galega competitiva nun mercado global e profundar en liñas estratéxicas que fortalezan un crecemento intelixente e sostible.
‘Empresa intelixente: competitividade e crecemento empresarial en Galicia’ é unha iniciativa de colaboración público-privada que contempla a organización e desenvolvemento de encontros empresariais en distintos puntos de Galicia, coa finalidade de concienciar, reflexionar, debater, compartir experiencias e promover a colaboración entre empresas, administracións, universidades, centros tecnolóxicos ou clústeres.
10 Temas Estratéxicos para o futuro de Galicia: un percorrido polos dez sectores que se puxeron en valor durante as edicións 2020 e 2021, con participación de importantes actores de cada un deles: o futuro da moda, biotecnoloxía e ciencias da vida, o futuro da mobilidade, tecnoloxías da información e comunicación, o sector alimentario, enerxías renovables e economía circular, sector aeronáutico e aeroespacial, a loxística do futuro, o turismo, e a silver economy.