XORNADA PRESENTACIÓN: NOVA CONVOCATORIA ACTIVA STARTUPS

ACTIVA STARTUPS:

Conectando Pemes galegas con startups

A Secretaria Xeral de Industria e PEME do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e a Xunta de Galicia, a través do IGAPE presentan ao ecosistema empresarial e emprendedor de Galicia a convocatoria do programa “Activa  Startups», nun evento en liña, o vindeiro venres 27 de maio, as 10:00h.

O obxectivo do programa é o desenvolvemento de proxectos de colaboración entre pemes e  startups, que sirvan para impulsar o seu crecemento empresarial. As axudas, en forma de subvención, permitirán ás empresas facer fronte aos custos derivados do proceso de innovación. En concreto, o importe máximo establecido por cada peme beneficiaria é de 40.000€.

Esta convocatoria está dirixida a pemes galegas de calquera sector. Se a túa empresa ten un reto que se pode solucionar a través da colaboración cunha  startup, non te perdas esta sesión na que che explicaremos como funciona a liña de axudas Activa  Startups.

Activa Startup é unha iniciativa do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, co financiamento de  NextGeneration  EU, e que conta coa colaboración da Xunta a través do IGAPE.

Accede á xornada de presentación a través desta ligazón:

ACCESO XORNADA

ID de reunión: 897 1586 2302

Código de acceso: 574854

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.