MAKER FAIRE GALICIA 2022: XORNADAS DA INDUSTRIA

MAKER FAIRE GALICIA 2022

Xornadas da Industria

O vindeiro 2 de xuño, a partir das 9:00 h, na Cidade da Cultura, terán lugar as Xornadas da Industria, dentro das actvidades programadas na Maker Faire Galicia 2022, unha das actuacións incluídas na iniciativa CAPACITA DIRECTIVOS, programa de colaboración entre a Xunta e a Asociación para o Progreso da Dirección.

Maker Faire Galicia 2022 volve ao formato presencial para ser o punto de unión de empresas e startups. No marco do desenvolvemento do ecosistema empresarial actual, a simbiose entre empresa-startup o empresa-makers está cobrando cada vez maior protagonismo entre as compañías, que a ven como unha oportunidade para aprender, innovar, crecer e ser más sostibles.

As startups e os makers contribúen á transformación da nova industria 5.0, que ten como obxectivo o desenvolvemento das empresas sostibles e o benestar das persoas. Por iso, este ano a Maker xirará en torno a temas tan relevantes como o emprendemento consciente, a saúde mental bo entorno laboral, a economía social, o uso de tecnoloxías accesibles e a innovación social.

Xornadas da industria, 2 de xuño: Aproveita a ocasión e ven a aprender cos expertos e expertas de primeiro nivel procedentes de multinacionais ​e compañías líderes en España​.

Máis información e inscrición

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.