III CONGRESO GALEGO DE COMPLIANCE
A Xunta de Galicia, a través do Igape, participa no III Congreso Galego de Compliance, un evento de referencia para coñecer as últimas novidades desta disciplina, que se celebrará o próximo 16 de xuño, no Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo.
Nesta edición prestarase especial atención á importancia da reputación corporativa e os efectos negativos que un conflito penal pode causar á imaxe dunha empresa ou organización e a importancia de contar con plans de comunicación de crise. A idea é congregar a relatorEs da máxima relevancia e nas materias tratadas.