XORNADA INFORMATIVA:
NOVA CONVOCATORIA ACTIVA STARTUPS
O pasado 29 de xuño publicouse no BOE a convocatoria das axudas Activa Startups para Galicia.
Con tal motivo o vindeiro venres, día 8 de xullo, ás 10:00, haberá un webinar informativo desta liña de axudas no que contaremos, ademáis, con Ana Paul, do CTAG, e Arturo González, do Grupo Copo, que falarán da innovación aberta e os retos de innovación
O obxectivo do programa é o desenvolvemento de proxectos de colaboración entre pemes e startups, que sirvan para impulsar o seu crecemento empresarial. As axudas, en forma de subvención, permitirán ás empresas facer fronte aos custos derivados do proceso de innovación. En concreto, o importe máximo establecido por cada peme beneficiaria é de 40.000€.
Esta convocatoria está dirixida a pemes galegas de calquera sector. Se a túa empresa ten un reto que se pode solucionar a través da colaboración cunha startup, non te perdas esta sesión na que che explicaremos como funciona a liña de axudas Activa Startups.
Activa Startup é unha iniciativa do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, co financiamento de NextGeneration EU, e que conta coa colaboración da Xunta a través do IGAPE.
Accede ao webinar a través desta ligazón: https://us06web.zoom.us/j/84049957902