CREANDO A LOXÍSTICA DO FUTURO: Cologisitcs Business Acelerator

CREANDO A LOXÍSTICA DO FUTURO:

Cologisitcs Business Acelerator

O Proxecto CoLogistics impulsa a colaboración transfronteiriza no ámbito do transporte e a loxística. O obxectivo xeral é a internacionalización a través do impulso da actividade loxística e a potenciación das súas capacidades organizativas e tecnolóxicas. Os socios do proxecto son a Xunta de Galicia, a través de Igape e a Dirección Xeral de Mobilidade, a Administración do Sistema portuario do Norte de Portugal, a  Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Autoridade Portuaria de Vigo, a Asociación Empresarial de Portugal, e a Cámara Municipal de Famaliçao.

O sector loxístico enfróntase a unha revolución impulsada pola globalización e internacionalización da economía e unha disrupción tecnolóxica a gran escala. Espérase unha profunda transformación para un sector que debe adaptarse ás novas tendencias globais. A loxística é clave para a competitividade territorial e empresarial da rexión e converteuse nunha área fundamental para emprender novos proxectos empresariais, así como unha gran oportunidade laboral con proxección de futuro.

SUMMIT CBA: Creando a loxística do futuro

Presentación dos proxectos de emprendemento seleccionados no programa CoLogistics Business Accelerator (CBA); unha aceleradora de proxectos emprendedores e innovadores destinada a resolver os retos que, dentro do marco da función loxística e cadea de subministración, foron expostos polas empresas tractoras da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal participantes nesta iniciativa internacional.

Data: martes 19 de xullo de 2022 // Horario: 9:00 a 15:00 horas

Lugar: Confederación de Empresarios de Pontevedra. Avda. García Barbón 104 – Vigo

INSCRICIÓNS

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.