IGAPE. PROXECTO COLOGISTICS: Talleres prácticos de internacionalización

PROXECTO COLOGISTICS:

Talleres prácticos de Internacionalización

Proxecto CoLogistics impulsa a colaboración transfronteiriza no ámbito do transporte e a loxística. O obxectivo xeral é a internacionalización a través do impulso da actividade loxística e a potenciación das súas capacidades organizativas e tecnolóxicas. Os socios do proxecto son a Xunta de Galicia, a través de Igape e a Dirección Xeral de Mobilidade, a Administración do Sistema portuario do Norte de Portugal, a  Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Autoridade Portuaria de Vigo, a Asociación Empresarial de Portugal, e a Cámara Municipal de Famaliçao.

Talleres prácticos de internacionalización. Setembro días 6 e 23

As empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal poderán mellorar os seus niveis de internacionalización nas cadeas de subministración cada vez máis globais. O obxectivo é ensinar a optimizar os recursos loxísticos dos que contamos, coa eficiencia e a eficacia como piares para vender os nosos produtos ou servizos no exterior e facer das nosas infraestruturas un polo de atracción para os mercados internacionais.

Terás a oportunidade de seleccionar e participar na data que mellor se adapte á túa axenda:

– 6 de setembro do 2022 de 10h a 13h (Esp.), de 9h a 12h (Pt.)

– 13 de setembro de 2022 de 10h a 13h (Esp.), de 9h a 12h (Pt.)

Ademais, poderás solicitar un servizo de titoría personalizada cun consultor ao finalizar a túa participación no Taller. Realizarase en modalidade de evento ‘híbrido’, no que se poderá participar de forma presencial con aforo limitado ou participar en liña a través de plataforma dixital.

Dirección presencial Xunta de Galicia – Edificio Principal 2º Planta, sala B

Praza dá Estrela, 9 – 36201 Vigo

INSCRICIÓNS

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.