NOVO CURSO IGAPE FÓRMATE INTERNACIONALCURSO DE MÁRKETING DIXITAL INTERNACIONAL No marco do Programa Fórmate Internacional, a Xunta, a través do Igape, organiza un novo curso para impulsar la internacionalización das empresas galegas. Tras o éxito acadado polo curso IGAPE FÓRMAT-e 2021-2022 sobre comercio electrónico para a internacionalización empresarial, este novo curso de Márketing Dixital Internacional 2022 ofrece unha segunda etapa de formación destinada a profundizar nunha das materias más particulares e distintivas do entorno dixital dos negocios internacionais. Unha estratexia de competitividade internacional pasa por adquirir competencias dixitais en comercio online e Marketing dixital. O curso que comeza o próximo 15 de setembro 2022, desenvolverase ata decembro a través de 14 sesións semanais eminentemente prácticas de 90 minutos de duración, e cun caso prático final sobre a materia impartida que lle permitirá ao alumno aglutinar o coñecemento e uso das técnicas e ferramentas presentadas. O itinerario de aprendizaxe personalizado permite a inscrición de varios participantes por empresa. O obxectivo é seguir ofrecendo unha formación especializada e práctica orientada a mellorar a estratexia internacional das empresas galegas, neste caso ofrecendo a capacitación para transitar do “saber” ao “saber facer” en materia de internacionalización dixital. |
PROGRAMA E INSCRICIÓNS |