PROGRAMA ACELERACIÓN STARTUPS: Selección entidades colaboradoras

PROGRAMA ACELERACIÓN STARTUPS

Selección entidades colaboradoras

A Xunta de Galicia colabora coa Escola de Organización Industrial (EOI) na difusión da convocatoria para a selección das entidades colaboradoras que apoiarán aos emprendedores dentro do Programa de Aceleración de Startups.

O ‘Programa Aceleración Startups’, é unha iniciativa para o crecemento e desenvolvemento de startups que se aplicará a través do asesoramento individualizado e formación específica cun Plan de Aceleración personalizado.

O Plan de Aceleración incluirá asesoramento individualizado e formación específica sobre aqueles aspectos clave que lle permitan abordar o crecemento e desenvolvemento de dicha startup. A entidade colaboradora prestadora do servizo será expresamente elixida pola startup beneficiaria, de entre as adxudicatarias.

O prazo para a presentación de solicitudes por parte das entidades colaboradoras interesadas está aberto ata o 4 de novembro ás 10:30 h.

MÁIS INFORMACIÓN

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.