ENCONTRO EMPRESARIAL: Industrias creativas. O mundo das ideas levado á industria

ENCONTRO EMPRESARIAL: Industrias creativas

O mundo das ideas levado á industria

A Xunta de Galicia, a través do Igape, o Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación paro o Progreso da Dirección (APD), colaboran no programa Capacita Directivos 2022: Empresa intelixente, competitividade e crecemento empresarial de Galicia, co obxectivo de axudar a consolidar unha industria galega competitiva nun mercado global e profundar en liñas estratéxicas que fortalezan un crecemento intelixente e sostible.

No marco desde programa, o mércores 9 de novembro, ás 9:30 horas, no Nordés Club Empresarial, na Coruña, terá lugar o encontro Industrias Creativas. O mundo das ideas levado á industria. A economía do mañá.

A industria creativa e cultural experimentou nos últimos anos unha revolución a nivel global. A transformación dixital, a aparición de novos modelos de negocio e novas tecnoloxías cambiaron drasticamente a industria. As fronteiras dos mercados nacionais, nun mundo global como o que vivimos, difumináronse. As Industrias Creativas e Culturais teñen un indubidable impacto sobre o crecemento, o PIB dos países e as exportacións, ademais de ser unha canteira de emprego e talento.

Mércores 9 de novembro, ás 9:30 horas

Nordés Club Empresarial, A Coruña

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.