Programa formación Directivos e Expertos en transformación dixital : Selección entidades colaboradoras

Programa formación Directivos e Expertos en transformación dixital

Selección entidades colaboradoras

A Xunta de Galicia colabora coa Escola de Organización Industrial (EOI) na difusión da convocatoria para a selección das entidades colaboradoras que serán as responsables de desenvolver os programas deseñados nas dúas actuacións

  • Formación Directiv@s de Pemes en xestión dixital
  • Formación de Axentes do Cambio / Expertos en Transformación Dixital

Ata o 14 de decembro poderán solicitar a súa participación entidades formativas (públicas e privadas) que serán as responsables de desenvolver os programas deseñados nas dúas actuacións.

Unha vez seleccionadas as entidades, abrirase un proceso de preinscrición tanto para as persoas directivas de pemes como para os desempregados e perfís técnicos de ocupados en pemes. Os candidatos poderán elixir con que institución quererán formarse de entre as seleccionadas na súa Comunidade Autónoma.

O prazo para a presentación de solicitudes por parte das entidades colaboradoras interesadas está aberto ata o 14 de decembro.

MÁIS INFORMACIÓN

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.