axudas PEL 2023

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de publicar as bases reguladoras das axudas PEL 2023:

·   PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

·    PEL-AUTÓNOM@S: Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.

·     PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

·    PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

As bases das axudas PEL 2023 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia núm.19 do 27 de xaneiro de 2023 ou premendo na seguinte ligazón:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=27/01/2023

O prazo previsto para a presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP ata o 10 de marzo ás 14.00 horas.

As solicitudes, unha vez aberto o prazo, presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Lembrámoslle que na web do Plan de Emprego Local pode consultar a información actualizada das axudas PEL 2023, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.

PLAN DE EMPREGO LOCAL

Permanecemos á súa disposición para calquera aclaración ou consulta.

O Equipo Técnico do Plan de Emprego Local

Plan de Emprego Local
pel@dacoruna.gal
Tel. 981080509

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.