Programa (Des)Conecta de la CEC

Programa de mindfulness e compaixón: Aprendendo a parar, regular e conectar

Alégranos comunicarvos que a CEC lanza da man da Universidade de Santiago de Compostela, un programa formativo para a mellora do benestar emocional.

Este programa é unha versión intensiva do programa Mindful Self-Compassion (MSC), que combina as habilidades de mindfulness e autocompaixón para mellorar o benestar emocional. Máis concretamente, está deseñado desde unha aproximación experiencial para axudar ás persoas participantes a intensificar a súa concentración, a xestionar as tensións diarias e a mellorar a súa capacidade de recuperación.

As actividades do programa inclúen charlas curtas, exercicios experienciais, meditacións, discusións en grupo e pautas para a práctica na casa.

Unha oportunidade para explorar a forma na que adoitamos responder ás dificultades do día a día e para aprender ferramentas para facer fronte aos momentos difíciles da vida con amabilidade e coidado.

Duración e datasA duración do programa é de 15 horas, distribuidas en 8 h presenciais e 7 h de realización de actividades na casa.

As datas das sesións presenciais son:

  • Sesión 1 | 23 de maio
  • Sesión 2 | 1 de xuño
  • Sesión 3 | 6 de xuño
  • Sesión 4 | 13 de xuño

Prezo

Participar no programa (Des)Conecta, ten un custe de 75 € que inclúe:

  • Asistir ás sesións presenciais
  • Realización de exercicios prácticos
  • Realización de consultas
  • Conta de acceso á sección virtual do programa

Podes consultar o programa completo aquí.

 
Se consideras que este programa é do teu interese, e queres participar, podes confirmárnolo a través da seguinte ligazón:

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.