MAKER FAIRE GALICIA 2023
Xornadas da Industria
O vindeiro 1 de xuño, a partir das 9:00 h, na Cidade da Cultura, terán lugar as Xornadas da Industria, dentro das actvidades programadas na Maker Faire Galicia 2023, unha das actuacións incluídas na iniciativa CAPACITA DIRECTIVOS, programa de colaboración entre a Xunta, a Asociación para o Progreso da Dirección, o Círculo de Empresarios de Galicia e Nordés Club Empresarial.
A Maker Faire Galicia 2023 é un punto de unión de empresas e startups. No marco do desenvolvemento do ecosistema empresarial actual, a simbiose entre empresa-startup ou empresa-makers está cobrando cada vez maior protagonismo entre as compañías, que a ven como unha oportunidade para aprender, innovar, crecer e ser más sostibles.
As startups e os makers contribúen á transformación da nova industria 5.0, que ten como obxectivo o desenvolvemento das empresas sostibles e o benestar das persoas. Por iso, este ano as xornadas da industria da Maker xirarán en torno a temas tan relevantes como á intelixencia artificial, a biotecnoloxía, a inclusión, a enerxía e os videoxogos, tan de actualidade e relevancia nos debates e foros empresariais.
Xornadas da industria, 1 de xuño: Aproveita a ocasión e ven a aprender cos expertos e expertas de primeiro nivel procedentes de multinacionais e compañías líderes en España.
Código de invitación Igape: I23IWQMN |