ENCONTRO EMPRESARIAL:
Redescubrindo a Intelixencia Artificial
O vindeiro venres 16 de xuño, ás 10:00 h, no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago, terá lugar o encontro Redescubrindo a Intelixencia Artificial. Metaverso, Chat GTP e outras tendencias de impacto para as empresas.
A Xunta de Galicia, a través do Igape, e a Asociación paro o Progreso da Dirección (APD), no marco do programa Capacita Directivos 2023 e coa colaboración do Círculo de Empresarios de Galicia e Nordés Club Empresarial, organizan unha reunión de alto nivel con Alberto Granados, presidente de Microsoft España, quen compartirá as súas reflexións sobre unha nova etapa tecnolóxica chea de retos e oportunidades.
A Intelixencia Artificial implica o desenvolvemento de algoritmos e modelos computacionais que permiten ás máquinas procesar e analizar grandes cantidades de datos, aprender dela, e tomar decisións ou realizar accións de forma autónoma, adaptándose a diferentes situacións”.
Moitas empresas apostaron por introducir, experimentar e explotar esta nova tecnoloxía dentro das organizacións, pero como aproveitar esta revolución dentro da empresa?
Redescubrindo a Intelixencia Artificial, con Alberto Granados
Presidente de Microsoft España
16 de xuño de 2023
Código invitación: I23YODSU