Encontro Empresarial: Galicia con valor engadido. Persoas

GALICIA CON VALOR ENGADIDO

Persoas: talento, formación, desenvolvemento profesional, emprendemento

O vindeiro mércores 28 de xuño, ás 9:30 h, no Hotel Santiago Plaza Affiliated by Meliá (Rúa do Restollal, 24, Santiago de Compostela), terá lugar o eventoGalicia con valor engadido. Persoas: talento, formación, desenvolvemento profesional, emprendemento, no marco do programa Capacita Directivos 2023.

A Xunta de Galicia, a través do Igape, o Círculo de Empresarios de Galicia, Nordés Club Empresarial e a Asociación paro o Progreso da Dirección (APD), colaboran no programa Capacita Directivos 2023: Empresa intelixente, competitividade e crecemento empresarial de Galicia, co obxectivo de axudar a consolidar unha industria galega competitiva nun mercado global e profundar en liñas estratéxicas que fortalezan un crecemento intelixente e sostible.

‘Empresa intelixente: competitividade e crecemento empresarial en Galicia’ é unha iniciativa de colaboración público-privada que contempla a organización e desenvolvemento de encontros empresariais en distintos puntos de Galicia, coa finalidade de concienciar, reflexionar, debater, compartir experiencias e promover a colaboración entre empresas, administracións, universidades, centros tecnolóxicos ou clústeres.

Persoas: talento, formación, desenvolvemento profesional, emprendemento’

Sobre a formación de persoas -formación, talento, desenvolvemento profesional, emprendemento- xirará esta segunda xornada do ciclo ‘Galicia con valor engadido’, na que, a partir da ampla oferta formativa existente en Galicia, analizaremos como é a optimización do talento. dando lugar a interesantes carreiras profesionais e proxectos innovadores de emprendemento.

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.