ENQUISA DE AVALIACIÓN. A EMPRESA GALEGA ANTE O BREXIT

Coa finalidade de valorar o impacto real que o Brexit está a producir no tecido empresarial galego, estase a realizar unha enquisa de avaliación, á que se invita ás empresas a responder mediante un breve cuestionario de sete preguntas.

A partir da súa colaboración poderanse deseñar novas iniciativas que permitan continuar e mellorar as súas relacións comerciais co Reino Unido e contribuír a mitigar o impacto dos cambios provocados pola saída deste país da Unión Europea.

Cuestionario

ENCONTRO DIXITAL: BREXIT. IMPACTO ADUANEIRO, EFECTOS FISCAIS E MEDIDAS DE APOIO ÁS EMPRESAS

O vindeiro venres 12 de febreiro, a partir das 10 h, terá lugar o encontro en liña Brexit: impacto aduaneiro, efectos fiscais e medidas de apio ás empresas, organizado pola Xunta en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).

Co obxectivo de dar apoio ás empresas con intereses comerciais no Reino Unido, no webinario abordaranse cuestións relacionadas co IVE e as aduanas, en concreto: as implicacións para as empresas exportadoras e importadoras, as consecuencias nas prestacións de servizos a ese país, a especial situación nas relacións con Irlanda do Norte, os impostos especiais e a devolución do IVE soportado.

Ademais, achegarase información sobre a Oficina Brexit, programa posto en marcha polo Goberno galego para asesorar e axudar ás empresas galegas que comercian co Reino Unido, e que inclúe cinco medidas: as axudas activadas polo Cheque Brexit, unha nova antena Brexit en Londres, a ferramenta de autodiagnóstico que xa está en funcionamento, o Brexit Igape Responde e accións de información e formación.

Programa e inscricións