|
|
|
|
Estimados miembros de la CEC,
Continuamos con el proceso de inscripción para el ciclo formativo “La digitalización esencial de la empresa”, proyecto desarrollado en colaboración con la Diputación de A Coruña.
Hablaremos sobre herramientas específicas orientadas a facilitar la digitalización de tus negocios, organizaciones o procesos, así como de mantenerlos seguros.
Por ello vamos a impartir cinco seminarios gratuitos en modalidad mixta, que contarán con una parte práctica.
El tercero de los seminarios es:
Estimados miembros de la CEC,
Comenzamos el proceso de inscripción para el ciclo formativo “La digitalización esencial de la empresa”, proyecto desarrollado en colaboración con la Diputación de A Coruña.
Hablaremos sobre herramientas específicas orientadas a facilitar la digitalización de tus negocios, organizaciones o procesos, así como de mantenerlos seguros.
Por ello vamos a impartir cinco seminarios gratuitos en modalidad mixta, que contarán con una parte práctica:
[ MÁS INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓN ONLINE ]
Un saludo
Dende o Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, achegamos información acerca da Xornada Online «Fomento do Emprendemento en Cooperativa» o próximo 27 de xullo, organizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop no marco do convenio de colaboración suscrito entre esta entidade e a Deputación da Coruña, para o fomento do emprendemento en cooperativa e consolidación de empresas creadas e cuxo obxectivo consiste en apoiar e promocionar o modelo cooperativo como fórmula de emprendemento laboral e de xeración e creación de riqueza mediante a posta en marcha de actividades económicas xunto coa creación de emprego estable.
Xornada
‘Fomento do Emprendemento en Cooperativa’
27 de xullo, online ás 10.30 h.
[ Unha actividade dentro do Convenio de Colaboración entre a Deputación da Coruña e a Unión de Cooperativas EspazoCoop 2022 ].
A Xornada Online Fomento do Emprendemento en Cooperativa é unha actividade do programa de colaboración que EspazoCoop realiza coa Deputación Provincial da Coruña durante 2022. En concreto, fai parte dun conxunto de accións do “Itinerario de Emprendemento en Cooperativa” destinado a visibilizar as potencialidades que brinda o modelo cooperativo para:
A xeración de emprego de calidade.
> A mellora de determinados sectores socioeconómicos.
> O equilibrio territorial.
> A xeración e consolidación de redes comunitarias, dinamizando determinados sectores de actividade, particularmente no ámbito dos Coidados.
> Favorecer o emprendemento colectivo, en sectores con potencial para contribuír ao desenvolvemento socioeconómico e comunitario.
O “Itinerario de Emprendemento en Cooperativa” incorpora alén desta Xornada, unha acción de Teleformación e un Servizo de Acompañamento e titorización a grupos promotores que queiran emprender en cooperativa.
Obxetivos da xornada:
Data e Horario: Mércores 27 de xullo de 2022, de 10.30 a 13.30 h., a través da plataforma Zoom.
Fai clic: Programa – Cartel – Ins
Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop – www.espazo.coop
Contacto para esta actividade: 687 324 784 – ramon@espazo.coop
Cordiais saúdos!
A Deputación da Coruña ven de publicar as bases e a convocatoria da quinta edición do Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial (PEL-EPR PREMIO), un galardón incluído entre as accións de incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego Local (PEL) co que se pretende recoñecer e promocionar o traballo realizado polas pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as, asociacións e clústers empresariais da provincia da Coruña, así como contribuír ao crecemento e desenvolvemento das mesmas. As entidades gañadoras de cada categoría recibirán un premio de 20.000 euros, mentres que os segundos clasificados de cada categoría optarán a accésits por importe de 5.000 euros. As categorías convocadas son as seguintes:
1ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial nova. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade empresarial ininterrompida nas anualidades 2021 ou 2022 e se constituísen ou desen de alta no RETA neses anos e sempre con anterioridade á data de publicación da convocatoria no BOP.
2ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial consolidada. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que comezasen a súa actividade empresarial ininterrompida durante a anualidade 2017 ou con anterioridade e se constituísen ou desen de alta no RETA no mesmo período.
3ª CATEGORÍA: Premio á mellor asociación empresarial. Para asociacións, clústers, agrupacións e federacións de empresarios/as da provincia da Coruña.
A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da documentación especificada nas bases, a través da plataforma Subtel, na convocatoria PEL-EPR PREMIO 2022.
O prazo de presentación de candidaturas permanece aberto desde o 26 de maio de 2022 ata o 28 de xuño de 2022 ás 14.00 horas.
Pode consultar as bases e a convocatoria publicadas no BOP na páxina web do Premio provincial á mellor iniciativa empresarial: pel.gal/premio
A Deputación da Coruña, no marco da Estratexia Dixital Provincial, organiza as seguintes accións formativas promovidas desde o Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal:
Os cursos presenciais desenvolveranse na Sala Juanjo Gallo da Deputación Provincial da Coruña (6ª planta, Av. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña).
As inscricións realizaranse cumprimentando o formulario que figura na web das xornadas: https://pel.gal/lineas/outras-linas-actuacion/ciberseguridade-internet/ ou desde o seguinte acceso directo:
|
Deputación Provincial da Coruña
Convocatoria de subvenciones y ayudas públicas
Extracto de la Resolución número 2021/1031 de 13 de enero de 2021 de la Presidencia de la Diputaciónde A Coruña, por la que se aprueba la convocatoria de la línea de ayudas PEL 2020 PEL RURINNOVA_Juventud Emprendedora
A Deputación da Coruña amplía o prazo de presentación de candidaturas á cuarta edición dos premios PEL, podendo rexistrarse candidaturas ata o vindeiro 28 de xaneiro ás 14.00 horas.
Os premios do Plan de emprego local contan con cinco categorías, unha das cales está dirixida a recoñecer iniciativas innovadoras que, impulsadas tanto por empresas como por concellos, contribúan na loita contra a COVID-19. Así pois, as categorías desta edición son:
1ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial nova. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade empresarial ininterrompida nas anualidades 2019 ou 2020 e sempre con anterioridade á publicación da convocatoria no BOP.
2ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial consolidada. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que comezasen a súa actividade empresarial ininterrompida durante a anualidade 2015 ou con anterioridade.
3ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa innovadora na loita contra a COVID-19. Para pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as e concellos que a través da súa actividade innovadora axudasen a frear a expansión da COVID-19, investigaran unha posible cura e/ou contribuísen dalgún xeito a paliar os danos, efectivos e colaterais, ocasionados pola pandemia.
4ª CATEGORÍA: Premio ao concello promotor do emprego de calidade. Para concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia que impulsen a iniciativa empresarial e o emprendemento, promovan a xeración de emprego de calidade e contribúan a evitar o despoboamento do rural.
5ª CATEGORÍA: Premio á mellor asociación empresarial. Para asociacións, agrupacións e federacións de empresarios/as da provincia da Coruña.
A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da documentación, a través da plataforma Subtel.
Repartiranse un total de 75.000 euros en premios, 15.000 por cada categoría. Débese ter en conta que non se admitirá máis dunha candidatura por entidade e categoría, coa excepción de que os concellos poderán presentar candidaturas á terceira e cuarta categorías.
A presentación de iniciativas realizarase de forma telemática a través da plataforma SUBTeL da Deputación: https://sede.dacoruna.gal/
As bases reguladoras e a convocatoria pódense consultar na páxina web do Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial: