|
---|
|
---|
|
---|
|
---|
ENCONTRO EMPRESARIAL:15 Temas estratéxicos para o futuro de GaliciaO vindeiro mércores 24 de maio, ás 9:30 h, na sede do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo, terá lugar o primeiro dos encontros no marco do programa Capacita Directivos 2023.A Xunta de Galicia, a través do Igape, o Círculo de Empresarios de Galicia, Nordés Club Empresarial e a Asociación paro o Progreso da Dirección (APD), colaboran no programa Capacita Directivos 2023: Empresa intelixente, competitividade e crecemento empresarial de Galicia, co obxectivo de axudar a consolidar unha industria galega competitiva nun mercado global e profundar en liñas estratéxicas que fortalezan un crecemento intelixente e sostible. ‘Empresa intelixente: competitividade e crecemento empresarial en Galicia’ é unha iniciativa de colaboración público-privada que contempla a organización e desenvolvemento de encontros empresariais en distintos puntos de Galicia, coa finalidade de concienciar, reflexionar, debater, compartir experiencias e promover a colaboración entre empresas, administracións, universidades, centros tecnolóxicos ou clústeres. 15 Temas Estratéxicos para o futuro de Galicia: un percorrido polos quince sectores que se puxeron en valor durante as edicións 2020, 2021 e 2022, con participación de importantes actores de cada un deles: o futuro da moda, biotecnoloxía e ciencias da vida, o futuro da mobilidade, tecnoloxías da información e comunicación, o sector alimentario, enerxías renovables e economía circular, sector aeronáutico e aeroespacial, a loxística do futuro, o turismo, e a silver economy, mobilidade avanzada e sostible, economía circular, medicina personalizada e de precisión, campo e mar (sector primario) e industrias creativas. |
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS |
VIAGALICIA 7ª EDICIÓN:Presentación proxectos ata o 31 de xaneiro do 2023 VIAGALICIA é unha aceleradora pública promovida por a Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é dar impulso a proxectos innovadores e invertibles, aos que se axuda na validación das súas propostas, a posta en marcha, financiamento e maduración. Esta aceleradora permite identificar e canalizar todos os recursos e ferramentas do ecosistema, tanto a nivel público como privado, co obxectivo de poñelos ao dispor dos emprendedores e os seus proxectos, e que persegue a creación de novas empresas que diversifiquen o tecido empresarial en Galicia, modernizar e dinamizar os sectores estratéxicos da área, favorecer e promover a transferencia de coñecemento, crear emprego cualificado, atraer e reter o talento, e, en definitiva, identificar ideas de negocio con posibilidades de éxito. Presentación de proxectos 7ª edición: O formulario de inscrición estará habilitado ata o 31 de xaneiro de 2023 ás 12:00 horas. |
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS |
PROXECTO COLOGISTICS:O Proxecto CoLogistics impulsa a colaboración transfronteiriza no ámbito do transporte e a loxística. O obxectivo xeral é a internacionalización a través do impulso da actividade loxística e a potenciación das súas capacidades organizativas e tecnolóxicas. Os socios do proxecto son a Xunta de Galicia, a través de Igape e a Dirección Xeral de Mobilidade, a Administración do Sistema portuario do Norte de Portugal, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Autoridade Portuaria de Vigo, a Asociación Empresarial de Portugal, e a Cámara Municipal de Famaliçao. Presentación Estrutura conxunta de Colaboración Loxística na EurorrexiónO vindeiro venres, 25 de novembro, celebrarase a Xornada de Presentación da Estrutura conxunta de Colaboración Loxística na Eurorrexión. A cita arrincará ás 12:30 h da mañá, e nela daranse a coñecer as características da nova estrutura conxunta de colaboración impulsada inicialmente polos socios do proxecto Poctep Cologistics para a promoción da función loxística na Euroregión. No acto presentarase o plan de acción do proxecto e o plan de visibilidade, e contará coa participación de representantes das distintas entidades e socios que colaboran no proxecto, e haberá un breve relatorio por parte da Agrupación industrial dá Función Loxística sobre a Post-Globalización e os novos retos da loxística. Venres, 25 de novembro, 12:30 h Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria de Vigo – Muelle de Transatlánticos |
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS |
16ª EDICIÓN PREMIOS EMPRENDE XXIStartups innovadoras e de base tecnolóxicaA Xunta de Galicia colabora con CaixaBank e Enisa na difusión da convocatoria para a 16ª edición dos Premios EmprendeXXI, dirixida a startups innovadoras e de base tecnolóxica con elevado potencial de crecemento, creadas a partir de xaneiro de 2019. Os Premios EmprendeXXI, repartirán máis de 700.000€ en premios nesta edición. Ademais, ofrecen a oportunidade de asistir a programas de formación e a posibilidade de establecer networking a nivel internacional. Se es unha empresa de base tecnolóxica e innovadora, agora podes convertela, tamén, nunha start-up que terá a porta aberta a un mundo de oportunidades coa 16ª edición dos Premios EmprendeXXI. Inscricións ata o 5 de decembreo de 2022
|
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS |
A Xunta de Galicia, a través do Igape, o Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación paro o Progreso da Dirección (APD), colaboran no programa Capacita Directivos 2022: Empresa intelixente, competitividade e crecemento empresarial de Galicia, co obxectivo de axudar a consolidar unha industria galega competitiva nun mercado global e profundar en liñas estratéxicas que fortalezan un crecemento intelixente e sostible.
No marco desde programa, o mércores 9 de novembro, ás 9:30 horas, no Nordés Club Empresarial, na Coruña, terá lugar o encontro Industrias Creativas. O mundo das ideas levado á industria. A economía do mañá.
A industria creativa e cultural experimentou nos últimos anos unha revolución a nivel global. A transformación dixital, a aparición de novos modelos de negocio e novas tecnoloxías cambiaron drasticamente a industria. As fronteiras dos mercados nacionais, nun mundo global como o que vivimos, difumináronse. As Industrias Creativas e Culturais teñen un indubidable impacto sobre o crecemento, o PIB dos países e as exportacións, ademais de ser unha canteira de emprego e talento.
Mércores 9 de novembro, ás 9:30 horas
Nordés Club Empresarial, A Coruña
Queres recibir formación para avanzar co teu negocio?
Buscas impulsar a túa empresa? Continuamos o ciclo de eventos en liña no que empresas, persoas autónomas e emprendedoras atopan as claves para adaptarse ao contexto actual. RESERVA a túa praza! En NOVEMBRO:
|
|||
MÁIS INFORMACIÓN |
II XORNADA DE LOXÍSTICA INTERNACIONAL
A Xunta de Galicia colabora co Cluster da Función Loxística de Galicia na II Xornada Galega de Loxística Internacional, que terá lugar o próximo 3 de novembro, ás 16:45 h en A Coruña (Hotel Attica 21. R/ Enrique Mariñas Romero, 34). O encontro fará revisión, da man de expertos, da situación xeopolítica mundial, afondando no aspecto económico e, por suposto, na loxística e transporte internacional. Ademais, presentaranse as principais conclusións ao respecto da relevancia real da función loxística na economía de Galicia, en termos de emprego, valor engadido e competitividade. Este evento reunirá a autoridades públicas, empresarios, investigadores e persoal técnico e afondará nos aspectos clave da internacionalización e das tendencias globais que xeran retos e oportunidades comerciais. II XORNADA DE LOXÍSTICA INTERNACIONAL A Coruña, 3 de novembro de 2022 |
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS |
INDUSTRIA CONECTADA: V CONGRESO
A Xunta de Galicia, a través de Igape, no marco da Estratexia Industria Conectada 4.0, colabora coa Secretaría Xeral de Industria e da PEME do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, co obxectivo de facer chegar ás pemes unha serie de programas de apoio ás empresas industriais para afrontar a súa transformación dixital con máis garantías.
Neste contexto, os próximos 7 e 8 de novembro de 2022, no Palacio de Congresos de Valencia, terá lugar a V edición do Congreso de Industria Conectada, baixo o lema “O momento da industria”, reunindo aos seus líderes ao máximo nivel, institucións, empresas, asociacións, agrupacións industriais, e a todos os profesionais comprometidos coa recuperación.
Os detalles do programa pódense visualizar na web do CIC40 onde xa están abertas as inscricións.
|
PROGRAMA ACELERACIÓN STARTUPSSelección entidades colaboradorasA Xunta de Galicia colabora coa Escola de Organización Industrial (EOI) na difusión da convocatoria para a selección das entidades colaboradoras que apoiarán aos emprendedores dentro do Programa de Aceleración de Startups. O ‘Programa Aceleración Startups’, é unha iniciativa para o crecemento e desenvolvemento de startups que se aplicará a través do asesoramento individualizado e formación específica cun Plan de Aceleración personalizado. O Plan de Aceleración incluirá asesoramento individualizado e formación específica sobre aqueles aspectos clave que lle permitan abordar o crecemento e desenvolvemento de dicha startup. A entidade colaboradora prestadora do servizo será expresamente elixida pola startup beneficiaria, de entre as adxudicatarias. O prazo para a presentación de solicitudes por parte das entidades colaboradoras interesadas está aberto ata o 4 de novembro ás 10:30 h. |
MÁIS INFORMACIÓN |