Interés para el segundo semestre de 2020 para las operaciones acogidas a convenios y programas de ayuda con el IGAPE

Publicada hoy en el DOGA la siguiente disposición,

INSTITUTO GALLEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
RESOLUCIÓN de 13 de julio de 2020 por la que se publica el tipo de interés
para el segundo semestre de 2020 para las operaciones acogidas a diferentes convenios y programas de ayuda de este instituto.

VER DISPOSICION

PROGRAMAS REACTIVA COMERCIO, TURISMO E SERVIZOS SEGUROS: PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 31 DE XULLO

​​PROGRAMAS REACTIVA COMERCIO, TURISMO E SERVIZOS SEGUROS: PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 31 DE XULLO

Autónomos e pemes poden solicitar ata o 31 de xullo as axudas dos programas Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros, postos en marcha pola Xunta para impulsar a reactivación dos sectores dos servizos, o comercio, o turismo e o transporte, apoiando a instalación de medidas de protección que garantan a seguridade de traballadores e clientes.

A tramitación realízase de xeito rápido e sinxelo e inclúe a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda, pola metade da contía dos investimentos realizados. As iniciativas subvencionadas poden ser novas ou estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma.

As axudas destinaranse a cubrir os gastos realizados para a adquisición de equipos de protección individual e de desinfección; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade e redución do contacto entre persoas; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas e de protección.

Máis información:
Programa Reactiva Comercio Seguro
Programa Reactiva Servizos Seguros
Programa Reactiva Turismo Seguro

informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 – 981 54 11 47

NOVA CONVOCATORIA DAS AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A Xunta activa a nova convocatoria das axudas á dixitalización. A partir de hoxe (08/07/2020), as pemes interesadas poden solicitar os apoios do programa que ten como obxectivo facilitar a modernización e mellora da competitividade das empresas través da interconexión dixital entre compañías vinculadas pola súa actividade e a dixitalización de procesos produtivos, ao tempo que se promove a xeración de iniciativas de colaboración neste eido.

Esta liña complementa ás axudas activadas tamén pola Xunta a través do Cheque de dixitalización, un novo programa cofinanciado así mesmo polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dirixido a impulsar os procesos de dixitalización máis axeitados que permitan ao comercio, autónomos e ás pequenas e medianas empresas reforzar a súa actividade, e que ten en conta de maneira especial as necesidades do tecido empresarial situado no ámbito rural, a economía social e o impulso do traballo a distancia.

Pola súa banda, as axudas á dixitalización das que se publicou onte a nova convocatoria, impulsan proxectos colectivos e individuais e inclúen unha subliña que promove a realización de cursos, que incentivan a creación de espazos de colaboración entre compañías para explorar solucións tecnolóxicas e a implementación de ferramentas dixitais colaborativas, así como oportunidades de hibridación entre sectores produtivos. Estes espazos están financiados ao 100%.

Máis información:
Axudas á dixitalización
Obradoiros de dixitalización

informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 – 981 54 11 47

NOVAS LIÑAS REACTIVA COMERCIO E SERVIZOS SEGUROS: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A Xunta vén de activar as novas liñas de axudas Reactiva Comercio e Servizos Seguros, destinadas a destinadas a impulsar a reactivación dos sectores dos servizos, o comercio, o turismo e o transporte, apoiando a instalación de medidas de protección que garantan a seguridade de traballadores e clientes. Autónomos e pemes poderán solicitar ata o 31 de xullo as axudas dos dous programas.

A tramitación realizarase de xeito rápido e sinxelo e inclúe a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda, pola metade da contía dos investimentos realizados. As iniciativas subvencionadas poden ser novas ou estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma.

As axudas destinaranse a cubrir os gastos realizados para a adquisición de equipos de protección individual e de desinfección; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade e redución do contacto entre persoas; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas e de protección.

Máis información:
Programa Reactiva Comercio Seguro
Programa Reactiva Servizos Seguros

informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 – 981 54 11 47

II ACUERDO SOCIAL EN DEFENSA DEL EMPLEO Y RD LEY 24/2020

El II Acuerdo Social en Defensa del Empleo firmado por las Organizaciones Empresariales CEOE y CEPYME, los Sindicatos UGT y CCOO y el Gobierno fue aprobado en el Consejo de Ministros del pasado Viernes día 26 de Junio y publicado en el BOE como RD LEY 24/2020 de 26 de junio, de medidas sociales de reactivación del empleo y protección del trabajo autónomo y de competitividad del sector industrial el 27 de Junio.

II Acuerdo Social en Defensa del Empleo

RD LEY 24/2020

GALICIA EXPORTA DIXITAL. LUNS, 29 DE XUÑO: ENCONTRO ON LINE

A Xunta vén de activar a última convocatoria do programa Galicia Exporta Dixital, que ten como obxectivo promover a expansión internacional dos tecidos produtivo e comercial galegos a través de novas canles de comercialización partindo de ferramentas dixitais innovadoras.

Para ofrecer información sobre esta liña de axudas, o vindeiro luns 29 de xuño, ás 12 horas terá lugar un encontro dixital no que Dori López, CEO de Innova Digital Export, afondará tamén nas claves para implementar plans de internacionalización e exporá casos de éxito neste eido. Ademais, Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, explicará as medidas activadas pola Xunta para apoiar a expansión no exterior das pemes galegas.

Ao final das intervencións os participantes terán a ocasión de intervir nun espazo de debate.

Programa e inscricións

NOVAS LIÑAS CHEQUES DE DIXITALIZACIÓN E GALICIA EXPORTA DIXITAL: ABERTOS OS PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A Xunta activa, mediante a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), dúas novas liñas de apoio á dixitalización das pequenas e medianas empresas para facilitar a adaptación á situación derivada da covid-19 e facilitar a reactivación do tecido produtivo galego. A partir de mañá as pemes poderán solicitar as axudas dos programas Cheques de dixitalización e Galicia Exporta Dixital.

Estas dúas liñas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, están dirixidas a impulsar os procesos de dixitalización máis axeitados que permitan ás pequenas e medianas empresas reforzar a súa actividade. Así, mentres o Galicia Exporta Dixital promove a súa expansión internacional a través de novas canles de comercialización a partir de ferramentas dixitais innovadoras, os cheques de dixitalización teñen en conta de maneira especial as necesidades do tecido empresarial situado no ámbito rural, a economía social e o impulso do teletraballo.

Máis información:
Programa Cheques de dixitalización
Programa Galicia Exporta Dixital

informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 – 981 54 11 47

ENCONTROS INFORMATIVOS SOBRE O PROGRAMA REACCIONA: ABERTA A NOVA CONVOCATORIA

Para dar a coñecer a oferta de diagnósticos e servizos que ofrece a nova convocatoria do programa ReAcciona, xa activada, a Xunta pon en marcha un ciclo de encontros informativos en liña. O próximo mércores 10, ás 12.30 h, as empresas que desexen coñecer como mellorar a súa competitividade no actual contexto económico poden participar no primeiro dos catro webinarios programados, que se desenvolverán durante este mes de xuño.

En cada un dos encontros darase información sobre os 15 servizos que esta liña de axudas achega e que se engloban en catro ámbitos de actividade nos que as pemes poden abordar introducir as melloras.

Contando con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e integrada no programa Igape Responde -iniciativa dirixida a ofrecer asesoramento inmediato a autónomos e pemes para reactivar a súa actividade na actual situación económica-, as novas convocatorias do ReAcciona achegarán orientación e apoio individualizado sobre as medidas de implantación que se deben adoptar a nivel xeral, na reorganización estratéxica e operativa dos negocios, así como no que se refire a proxectos de dixitalización e innovación para manter e impulsar a actividade produtiva. A primeira convocatoria estará aberta ata o 2 de xullo.

Programa e inscricións
Máis información sobre a nova convocatoria

900 815 151   informa@igape.es

CONVOCATORIA ABERTA PARA SOLICITAR OS SERVIZOS AVANZADOS DO PROGRAMA REACCIONA

As empresas interesadas en acollerse á oferta de diagnósticos integrais e servizos avanzados para facilitar a mellora da competitividade das pemes galegas convocada pola Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e no marco do programa Reacciona, poden solicitalo a través das catro convocatorias que ofrece este ano esta liña de axudas, como publica onte o Diario Oficial de Galicia (DOG). A primeira delas estará aberta desde hoxe ata o 2 de xullo.

Contando con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o programa ReAcciona do Igape ten como obxectivo prioritario incrementar as competencias dos xestores das empresas para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente.

Integrada no programa Igape Responde -iniciativa dirixida a ofrecer asesoramento inmediato a autónomos e pemes para reactivar a súa actividade no actual contexto económico provocado pola covid-19-, as novas convocatorias do ReAcciona achegarán orientación e apoio individualizado sobre as medidas de implantación que se deben adoptar a nivel xeral, na reorganización estratéxica e operativa dos negocios, así como no que se refire a proxectos de dixitalización e innovación para manter e impulsar a actividade produtiva.

Más información

900 815 151   informa@igape.es

NOVA LIÑA DE AXUDAS PARA A FABRICACIÓN DE PRODUTOS DE PREVENCIÓN E LOITA CONTRA A COVID-19

A Xunta activa, mediante a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), a nova liña de axudas dotada con 5 millóns de euros e destinada a impulsar a fabricación en Galicia de produtos que sexan de utilidade na loita contra a Covid-19 e que contribúan a incrementar a prevención tanto a nivel sanitario como en materia de seguridade e saúde laboral.

A partir de mañá, as pemes galegas poderán solicitar os apoios que ofrece para poñer en marcha a produción de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico, equipos hospitalarios e médicos, entre outros bens.

Con achegas que poderán acadar ata 800.000 euros por iniciativa, os proxectos deberán ter un custo subvencionable igual ou superior a 100.000 euros. As axudas, que se concederán en réxime de concorrencia non competitiva, cubrirán o 75% dos investimentos que realicen as pequenas e medianas empresas.

O novo programa actívase logo de que a Xunta realizase unha consulta previa ao tecido produtivo precisamente para coñecer a dispoñibilidade das pemes galegas a acometer a fabricación deste tipo de produtos.

Máis información: liña de axudas para a fabricación de produtos de prevención e loita contra a Covid-19

informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 – 981 54 11 47